domingo, 1 de março de 2009

perto de nós!

Touriño recoñece o triunfo do PP e felicita a Alberto Núñez Feijóo O candidato socialista á Presidencia da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, felicitou o PP pola súa vitoria electoral en Galicia e expresou o "compromiso inalienable" do seu partido en traballo por Galicia. Recibido con aplausos polos simpatizantes que se congregaron no hotel en que o PSOE seguiu o escrutinio, Pérez Touriño quixo felicitar o PP e o seu candidato, Alberto Núñez Feijóo. Arroupado por numerosos candidatos, nunha comparecencia sen preguntas, Pérez Touriño agradeceu o traballo dos militantes e simpatizantes e dixo lamentar "profundamente" non poder levar ó seu partido á vitoria.